
Parque tecnológico de Galicia - TECNOPOLE
Entidade que nace debido ao apoio da Xunta de Galicia e as tres universidades galegas ademais da Deputación de Ourense e os Concellos de Ourense e San Cibrao das Viñas e é a encargada de acoller, apoiar e potenciar iniciativas empresariais de marcado carácter innovador e que aposten pola tecnoloxía, a investigación e o desenvolvemento.
Servizos prestados
Internacionalización
Programa e redes de emprendemento
PIUVI-Tecnópole (Preincubadora de empresas de base tecnolóxica que nace como un espazo destinado ao emprendemento e ao desenvolvemento de iniciativas de base científico-tecnolóxicas por parte da comunidade universitaria da Universidade de Vigo no campus de Ourense)
Programa Agrobiotech Innovación (Programa destinado a aumentalo potencial innovador das empresas participantes, favorecendo o desenvolvemento de novos produtos ou servizos innovadores, o establecemento de relacións comerciais ou facilitala transferencia e o acceso de información entre empresas)
Programa Galicia Avanza (Programa de aceleración especializado na comercialización internacional da innovación para impulsar a internacionalización das pemes innovadoras que necesiten unha palanca para a validación do seu posicionamiento e o fortalecemento da súa competitividade en mercados exteriores)
Destinatarios aos que apoia
Etapas do proceso de emprendemento
Entidades coas que colabora
Xunta de Galicia
Igape
Abanca
Diputación de Ourense
Universidade de Vigo
Perfil da entidade
Avd. Edificio CEI, Parque Tecnolóxico de San Cibrao das Viñas, 32900, Ourense
988 36 81 00