Programas do ecosistema de
emprendemento da Xunta de Galicia
Rede que traballa para impulsar e consolidar proxectos de emprendemento que teñan unha vinculación coa súa contorna e que ofrecen acompañamento e asesoramento continuado, unha metodoloxía común validada e adaptada a cada proxecto e unha serie de titorizacións levadas a cabo por profesionais de primeiro nivel.
Programa centrado en poñer en contacto a persoas que venden ou alugan a súa empresa, con persoas interesadas en facerse cargo dela. Trátase dun escaparate de negocios en remuda dispoñibles para aquelas persoas que buscan comezar un proxecto empresarial consolidado e viable, reducindo os riscos da posta en marcha dun novo negocio.
Estratexia de fomento da cultura e do espírito emprendedor entre a comunidade educativa de niveis non universitarios que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Ministerio de Educación e Formación Profesional está desenvolvendo en Galicia co fin de impulsalas habilidades persoais e profesionais do alumnado encamiñadas a potencialo emprendemento e o autoemprego.
Colaboración para apoyar la innovación en cáncer y para acelerar la llegada de los resultados a los pacientes. El Programa Cancer Innova (PCI) es una colaboración inclusiva en la que participan conjuntamente entidades públicas y privadas para promover la innovación en cáncer. Para ello se ha creado un programa de descubrimiento de fármacos alineado con la Misión Cáncer del programa marco Horizonte Europa que representa un hito en el sector biotecnológico.
Programa formativo posto en marcha pola actual Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade enfocado a mulleres directivas e socias da economía social en Galicia. Este programa ofrece formación integral desde a perspectiva de xénero co fin de potenciar as capacidades das mulleres participantes como factor clave no seu posterior desenvolvemento profesional, promocionando desta forma o talento feminino nas entidades de economía social de Galicia.
Iniciativa impulsada por la Secretaría Xeral de Emigración de apoio e acompañamento as persoas galegas retornadas no desenvolvemento dos seus negocios ou actividades profesionais co apoio e asesoramento a través de mentores que lles axudarán a consolidar os seus proxectos empresariais, favorecendo de esta forma a súa integración social e empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia.
Programa de mentoría para persoas emprendedoras #12Etapas12Retos que puxo en marcha a Xunta de Galicia co obxectivo principal de melloralos proxectos participantes e a xeración de contactos profesionais, empregando a metodoloxía “Facendo Camiño”.
Conxunto de axudas dirixidas a fomentalo emprendemento feminino en Galicia a través de apoio na súa posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecela conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial, co obxecto de facilitala implantación e consolidación de proxectos empresariais promovidos por mulleres.
Espazos abertos ás comunidades locais destinados a favorecelo desenvolvemento de competencias dixitais e científico-tecnolóxicas e artísticas do conxunto da cidadanía, ofrecendo actividades formativas e de creación para diversos colectivos como alumnado, profesorado e familias, e que impliquen a participación e a solución conxunta entre eles.
Axuda Rede Eusumo destinada a subvencionalas entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social.
Programa destinado a reducilos riscos das persoas traballadoras autónomas na súa actividade profesional a través da adaptación ou transformación dos seus negocios ás necesidade do mercado e da situación actual, mediante a implementación de melloras nas áreas de xestión e outras ou o incremento dos seus contactos profesionais ou da súa actividade económica.
Rede galega de viveiros de empresa localizados en centros educativos. Teñen como obxectivo facilitar ao alumnado galego espazos e asesoramento axeitado para a posta en marcha dun negocio ou de proxectos empresariais viables.
Programa destinado á creación de aulas de emprendemento nos centros educativos públicos que imparten ensinanzas de grao medio ou superior de formación profesional co obxectivo de canalizalas iniciativas emprendedoras do alumnado, en particular do alumnado que está próximo a finalizalo ciclo formativo.
Programa avanzado de aceleración de proxectos e iniciativas emprendedoras innovadoras de calquera sector produtivo e que se encontre en calquera fase, con este programa promovido pola Xunta de Galicia e Zona Franca de Vigo que combina formación, mentoring e financiación.
Primeira Aceleradora Galega de proxectos turísticos que ten como obxectivo crear un ecosistema aberto e unha rede de recursos para proxectos innovadores e de alto impacto na sociedade especializados no Turismo sostible e de calidade.
Emprendendo xuntos
O Mapa reúne as entidades de apoio ao emprendemento en Galicia e dá a coñecer os servizos que ofrecen ás persoas emprendedoras e á sociedade en xeral.