Área de desenvolvemento local de Camariñas
A Área de Desenvolvemento Local (ADL) de Camariñas ofrece os seguintes servizos: • Asistencia técnica á creación de empresa: avaliación inicial, xeración e madureza da idea empresarial, Plan de Empresa, posta en marcha da empresa, axudas e subvencións, formación, bolsa de emprendedores. • Asistencia ás empresas establecidas: axudas e subvencións, mellora da competitividade, formación, contratos, ofertas de emprego, asesoramento legal, financeiros, económico e en innovación e tecnoloxía. • Actividades Formativas: no Centro de Iniciativas, situado a carón do Centro de Saúde de Camariñas, o concello pon a disposición do empresariado, institucións e entidades un espazo axeitado para a realización de conferencias, reunións, cursos e outras actividades. Proporciónanse asemade cursos de novas tecnoloxías. Para facer uso das instalacións deberá cubrir este documento e facelo chegar ao responsable do centro, ben en man ou ben envialo a departamento.informatico@camarinas.net. Cubra esta ficha, e siga o procedemento anterior, para solicitar outros cursos que o concello pretende poñer en marcha nun futuro. • Asistencia técnica ó sector artesán: carta artesán, obradoiros artesáns, marketing, axudas e subvencións, mellora da competitividade, formación, asesoramento legal sobre comercio exterior, novas tecnoloxías e control de calidade, información sobre feiras e exposicións. • Asistencia a entidades e asociacións: axudas e subvencións, constitución de asociacións, formación. • Deseño, organización, seguimento e avaliación de accións formativas: detección de necesidades formativas, captación de recursos, oferta formativa, Formación Ocupacional e Profesional para desempregados, activos, emprendedores, empresarios e colectivos específicos. • Documentación e investigación: realización de estudos, informes e proxectos socioeconómicos, informes de mercado laboral e dos diferentes sectores económicos, apoio documental e de planificación para memorias, plans de accións e deseños de actividades de empresas, institucións, entidades e emprendedores, realización de soportes documentais e divulgativos. • Información e tramitación de recursos para o desenvolvemento: vivenda, enerxías alternativas, mellora do medio rural, cultural, medioambiental, axudas e programas da Unión Europea.
Servizos prestados
Programa e redes de emprendemento
Destinatarios aos que apoia
Sectores de especialización
Etapas do proceso de emprendemento
Entidades coas que colabora
Casos de éxito
Perfil da entidade
Casa de Pedra- Praza de Insuela S/N,15123, Camariñas, A Coruña
981737004