O novo espazo concentrador dos recursos que necesitas en materia de emprego

Que é XEMPRE ?

XEMPRE é un espazo dixital concentrador dos recursos que ofrece a nova estratexia de emprego da Xunta de Galicia, onde se aposta por un mercado laboral máis interconectado, dinámico, formado e accesible, que emerxe da colaboración entre Administración pública e sector privado, para mellorar as capacidades das persoas traballadoras, a competitividade das organizacións e o benestar laboral.

No marco de XEMPRE atopamos dúas liñas de traballo diferenciadas:

  • O impulso e apoio sen precedentes ao emprendemento no territorio, mediante a creación dunha Rede galega de Emprendemento e Apoio ao Emprego
  • E a Axenda galega de Capacidades para o Emprego, que integra diversas accións estratéxicas para a renovación integral tanto do Plan autonómico de Formación para o Emprego como do Servizo de Emprego de Galicia

Así mesmo, dedicamos especial atención a traballar pola igualdade laboral e o benestar laboral, aspectos clave e transversais nas políticas emprego do Goberno galego.

Este HUB concentrador de recursos ao amparo de XEMPRE estará dotado de información actualizada e de accións formativas de todo tipo, para dar resposta ás novas necesidades de capacitación profesional e tendencias máis innovadoras do mercado de traballo galego.  O HUB XEMPRE ofrece así unha ampla programación de actividades, tales como as seguintes: talleres e cursos, webinars, masterclass, encontros con expertos/expertas, artigos de interés, podcasts, vídeos, servizos de coaching e mentoring, etc. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, quere tomar a iniciativa, creando un espazo de aprendizaxe permanente e de intercambio de coñecementos, de carácter público e profesional, que forme, informe e impulse a líderes, persoas emprendedoras, traballadores e traballadoras das organizacións galegas.

Emprendendo xuntos

O Mapa reúne ás entidades que forman parte do ecosistema de Emprendemento de Galicia.

Información básica sobre protección de datos persoais
Responsable do tratamento: Xunta de Galicia – Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade – Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego
Finalidades do tratamento: Tramitación das suxestións, queixas, consultas, solicitudes de información e outras comunicacións recibidas por medio do formulario destinado ao efecto.
Lexitimación para o tratamento: Consentimento das persoas interesadas.
Destinatarios dos datos: Non se prevén comunicacións a terceiros.
Exercicio de dereitos: As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar no seu caso, o consentimento, #ante o responsable do tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo recóllese en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Así mesmo, poderán retirar, no seu caso, o consentimento previamente outorgado dirixindo a súa comunicación xempreemprende@xunta.gal.
Contacto do Delegado/a de Protección de Datos e Información adicional: https://xunta.gal/informacion-xeral-proteccio