Que é ULTREIA GALICIA?

Unha serie de encontros revolucionarios para dinamizar a escena emprendedora galega!

Como? Coa colaboración entre a Xunta de Galicia e as confederacións empresariais de
Ourense, Lugo, Pontevedra e A Coruña, así como keyplayers do ecosistema emprendedor
galego.

ULTREIA GALICIA nace co obxectivo de incentivar aos emprendedores e axentes do
ecosistema a acadar o propósito de impulsar o seu camiño creando sinerxias e
identificando retos para os que atopar solucións conxuntas.

Retos e solucións para un territorio intelixente!

Nun mundo onde a competitividade e a innovación son esenciais, os territorios intelixentes, como o galego, emerxen como pioneiros na busca dun equilibrio entre desenvolvemento económico, cohesión social e sostibilidade.

Os territorios intelixentes son aqueles territorios innovadores, capaces de construir as súas propias vantaxes competitivas en relación co seu entorno, no marco dun mundo complexo, global e interrelacionado. Asimesmo, os territorios intelixentes perseguen un equilibrio entre os aspectos de competitividade económica, cohesión social e sostibilidade

Cales son os obxectivos de ULTREIA GALICIA?

ULTREIA GALICIA vai ter un desenvolvemento simultáneo en dúas áreas: o CAMPUS STARTUPS e RETOS E SOLUCIÓNS PARA UN TERRITORIO INTELIXENTE.

Cada un dos eventos ten obxectivos diferenciados, aínda que persigan un xeral, que é dinamizar o ecosistema emprendedor en Galicia conectando aos axentes que o conforman con novas posibilidades de desenvolvemento e financiación.

OBXECTIVOS DO
CAMPUS STARTUPS

  • Identificar e mapear as startups e emprendedores de cada unha das catro provincias galegas.
  • Dar soporte aos proxectos para a busca de financiación.
  • Selección de proxectos para o Foro de Investimento.
  • Identificar aos Business Angels da provincia.

OBXECTIVOS DE RETOS E SOLUCIÓNS
PARA UN TERRITORIO INTELIXENTE

  • Identificar os sectores estratéxicos da provincia.
  • Identificar os retos de estos sectores estratéxicos.
  • Identificar e involucrar ás empresas tractoras destos sectores estratéxicos.
  • Mapear os axentes do ecosistema da provincia.

Cando terán lugar os eventos?

ULTREIA OURENSE

Mércores, 18 de setembro

ULTREIA A CORUÑA

Martes, 24 de setembro

ULTREIA PONTEVEDRA

Mércores, 25 de setembro

ULTREIA LUGO

Xoves, 26 de setembro

ULTREIA GALICIA

ULTREIA GALICIA EN CIFRAS

+ de 0 investidores
0 provincias
0 Axentes do ecosistema
+ de 0 startups
0 casos de éxito
0 empresas tractoras
Información básica sobre protección de datos persoais
Responsable do tratamento: Xunta de Galicia – Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade – Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego
Finalidades do tratamento: Tramitación das suxestións, queixas, consultas, solicitudes de información e outras comunicacións recibidas por medio do formulario destinado ao efecto.
Lexitimación para o tratamento: Consentimento das persoas interesadas.
Destinatarios dos datos: Non se prevén comunicacións a terceiros.
Exercicio de dereitos: As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar no seu caso, o consentimento, #ante o responsable do tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo recóllese en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Así mesmo, poderán retirar, no seu caso, o consentimento previamente outorgado dirixindo a súa comunicación xempreemprende@xunta.gal.
Contacto do Delegado/a de Protección de Datos e Información adicional: https://xunta.gal/informacion-xeral-proteccio