Únete ao movemento que potencia a cultura emprendedora da provincia!
Mércores, 18 de setembro
Que é ULTREIA OURENSE?
É un evento que forma parte dunha serie de encontros revolucionarios para dinamizar a escena emprendedora galega!
Como? Coa colaboración entre a Xunta de Galicia e as confederacións empresariais de
Ourense, Lugo, Pontevedra e A Coruña, así como keyplayers do ecosistema emprendedor
galego.
ULTREIA GALICIA nace co obxectivo de incentivar aos emprendedores e axentes do
ecosistema a acadar o propósito de impulsar o seu camiño creando sinerxias e
identificando retos para os que atopar solucións conxuntas.
ULTREIA OURENSE: Mércores 18 de setembro
PROGRAMA DE ULTREIA GALICIA EN OURENSE – CAMPUS STARTUPS
- UBICACIÓN: CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE OURENSE
- AMPLIACIÓN DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O 17 DE SETEMBRO ÁS 20:00 HORAS
SESIÓN DE MAÑÁ
-
9:00 h APERTURA – ACREDITACIÓNS
-
9:30-10:00 h INAUGURACIÓN OFICIAL
-
10:00-10:45 h CONFERENCIA: Domenec Biosca
-
10:45-11:00 h CAFÉ NETWORKING
-
11:00–12:00 h Salas I CAMPUS STARTUP
Presentación casos de éxito:
- Caso de éxito dixital
- Caso de éxito industrial -
12:00–14:00 h Salas I CAMPUS STARTUP
Actividades en paralelo:
- Stream pitching presentación de proxectos e feedback
- One 2 One Mentores -
14:00-16:00 h XANTAR – NETWORKING
Exposición de tres dos proxectos finalistas.
SESIÓN DE TARDE
-
16:00- 17:00 h Salas I CAMPUS STARTUP
Presentación casos de éxito: - Caso de éxito posta en valor do rural
- Caso de éxito turismo, vitivinícola e gastronómico -
17:00- 18:00 h Presentación ENISA
Exposición de tres dos proxectos finalistas.
-
18:00-19:00 h Diversificar investindo en startups
-
19:15 h CLAUSURA
- Programa Retorna, Bolsa de Remuda.
- Deliberación do xurado e selección de finalistas.
PROGRAMA DE ULTREIA GALICIA EN OURENSE – RETOS E SOLUCIÓNS PARA UN TERRITORIO INTELIXENTE
SESIÓN DE MAÑÁ
-
11:00-12:30 h Mesas de traballo por sectores
- Mesa 1: Agroalimentario, Vitivinícola, Gastronómico
- Mesa 2: Téxtil
-
12:30-14:00 h Mesas de traballo por sectores
- Mesa 1: Sector termal e turismo
SESIÓN DE TARDE
-
16:00-17:30 h Mesas de traballo por sectores
- Mesa 1: Pizarra, Granito, Madeira, Construcción
- Mesa 2: Automoción, Auxiliar automoción -
17:30-19:00 h Mesas de traballo por sectores
- Mesa 1: Ciberseguridade, Intelixencia Artificial, E-commerce
Queres asistir a ULTREIA OURENSE?
STARTUP
Se queres inscribir o teu proxecto emprendedor no Campus, esta é a túa oportunidade para presentalo. A convocatoria está aberta para todos os emprendementos innovadores con visión de futuro que procuren proxección, mentorización e financiamento. Podes consultar as bases e inscribirte a través da seguinte ligazón.
INVESTIDORES
Ademais, se es un potencial investidor ou tes interese en descubrir novos proxectos e startups con alto potencial de crecemento, non perdas a oportunidade de inscribirte como asistente e establecer contacto directo cos emprendedores máis prometedores. Para máis detalles e realizar a inscrición, visita a seguinte ligazón.
PÚBLICO XERAL
Retos e solucións para un territorio intelixente!
Nun mundo onde a competitividade e a innovación son esenciais, os territorios intelixentes, como o galego, emerxen como pioneiros na busca dun equilibrio entre desenvolvemento económico, cohesión social e sostibilidade.
Os territorios intelixentes son aqueles territorios innovadores, capaces de construir as súas propias vantaxes competitivas en relación co seu entorno, no marco dun mundo complexo, global e interrelacionado. Asimesmo, os territorios intelixentes perseguen un equilibrio entre os aspectos de competitividade económica, cohesión social e sostibilidade
Cales son os obxectivos de ULTREIA GALICIA?
ULTREIA GALICIA vai ter un desenvolvemento simultáneo en dúas áreas: o CAMPUS STARTUPS e RETOS E SOLUCIÓNS PARA UN TERRITORIO INTELIXENTE.
Cada un dos eventos ten obxectivos diferenciados, aínda que persigan un xeral, que é dinamizar o ecosistema emprendedor en Galicia conectando aos axentes que o conforman con novas posibilidades de desenvolvemento e financiación.
OBXECTIVOS DO
CAMPUS STARTUPS
-
Identificar e mapear as startups e emprendedores de cada unha das catro provincias galegas.
-
Dar soporte aos proxectos para a busca de financiación.
-
Selección de proxectos para o Foro de Investimento.
-
Identificar aos Business Angels da provincia.
OBXECTIVOS DE RETOS E SOLUCIÓNS
PARA UN TERRITORIO INTELIXENTE
-
Identificar os sectores estratéxicos da provincia.
-
Identificar os retos de estos sectores estratéxicos.
-
Identificar e involucrar ás empresas tractoras destos sectores estratéxicos.
-
Mapear os axentes do ecosistema da provincia.