Formulario de alta
A través do presente formulario de alta a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade pretende impulsar un elemento de consulta para as persoas emprendedoras e empresas galegas no que poder acceder a información de interese sobre as entidades que realizan actividades e servizos de emprendemento en Galicia.
A información que se recolle a continuación será empregada para a elaboración dunha ficha informativa que formará parte do “directorio de entidades” e poder localizala xeograficamente no “mapa de entidades”, a excepción de aqueles apartados nos que se detalla que a información será reservada.
Información a ter en conta para cubrir o formulario:
- As entidades do mapa deben desenvolver actividades de emprendemento e ter sede física en Galicia.
- A persoa apropiada para cubrir o formulario é aquela que mellor coñeza os servizos de emprendemento da entidade.
- Anualmente recordaráselle ás entidades que poden actualizar os seus datos, se así o desexan.
- O tempo estimado para cubrir a información é de 10 minutos e se atopa detallada nos seguintes apartados:
- Información xeral da entidade
- Servizos de emprendemento
- Colaboracións e resultados do emprendemento
- Persoa de contacto para a actualización do formulario (información reservada)
- Outra información
Grazas pola súa colaboración
A información obrigatoria esta marcada cun asterisco (*)