
Polo de emprendemento de Verín
Este modelo de polo de emprendemento e apoio ao emprego actúa sobre as bisbarras de Verín, Viana, A Limia, A Baixa Limia, Terra de Caldelas e Terra de Trives e aspira a converterse nunha plataforma eficaz de dinamismo laboral onde se impulsen proxectos innovadores que fomenten a inserción laboral e o emprego de calidade, acompañando ás persoas que comezan o seu camiño emprendedor desde o comezo e durante todas as etapas para que poidan emprender en condición de seguridade e garantindo que os seus negocios medran e se consoliden no tempo.
Servizos prestados
Asesoramento para a creación de empresas (modelo de negocio, plan de empresa, plan estratéxico, información e tramitación de axudas,...)
Titorización personalizada
Apoio na xestión dos trámites para a posta en marcha de empresas
Coworking/Coliving/Infraestruturas/Espazos
Programa e redes de emprendemento
Programas de emprendemento (Rede de Polos de emprendemento e apoio ao Emprego, Programa Camiño Emprendedor, Programa de Mentoring Traballo Autónomo, ...)
Destinatarios aos que apoia
Persoas individuais
Autónomos
Etapas do proceso de emprendemento
Emerxendo e motivando as ideas e proxectos de negocio
Explorando e avaliando as posibilidades de éxito do proxecto
Entidades coas que colabora
Xunta de Galicia
Perfil da entidade
Polígono Industrial de Pazos, Estrada do Polígono Industrial, nº 99, 32615, Verín
988788957
Última actualización: Martes, 8 de Outubro de 2024 a las 12:34