Concello_APobra_Corporativo

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello da Pobra do Caramiñal

A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal é un servizo municipal de promoción do desenvolvemento económico e que ofrece ás persoas usuarias todo o tipo de información sobre a creación de emprego, a formación, a dinamización do tecido empresarial existente e a creación de novas empresas, aproveitando os recursos endóxenos do territorio e as posibilidades que ofrecen as axudas e subvencións das distintas administracións. Os seus obxectivos principais son os seguintes: Deseño de actuacións que contribúan ó desenvolvemento do territorio, con base no estudo da evolución e necesidades do mercado laboral. Difusión das políticas activas de emprego da Xunta. Información sobre os recursos existentes para favorece-lo desenvolvemento local no ámbito municipal. Asesoramento a persoas emprendedoras sobre os trámites necesarios para a construción e pór en funcionamento un proxecto empresarial. Acompañamento no inicio de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos. Servizo de atención a empresas coa finalidade de lograr unha maior dinamización do sector: información sobre axudas e subvencións para contratación etc. Actualización continuada da base de datos de empresas e comercios do municipio. Fomento da utilización de novas tecnoloxías. Promoción do desenvolvemento de actividades formativas atendendo as demandas de empresas e persoas desempregadas.

Servizos prestados
Financiamento (axudas, capital risco, préstamos, business angels, ...)
Programa e redes de emprendemento
Rede Eusumo
Destinatarios aos que apoia
Persoas individuais
Autónomos
Empresas
Etapas do proceso de emprendemento
Emerxendo e motivando as ideas e proxectos de negocio
Explorando e avaliando as posibilidades de éxito do proxecto
Entidades coas que colabora

Xunta de Galicia

Perfil da entidade

Rúa Gasset, 28, 15940 A Pobra do Caramiñal, A Coruña

981 37 76 25

Última actualización: Martes, 19 de Marzo de 2024 a las 08:53
Información básica sobre protección de datos persoais
Responsable do tratamento: Xunta de Galicia – Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade – Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego
Finalidades do tratamento: Tramitación das suxestións, queixas, consultas, solicitudes de información e outras comunicacións recibidas por medio do formulario destinado ao efecto.
Lexitimación para o tratamento: Consentimento das persoas interesadas.
Destinatarios dos datos: Non se prevén comunicacións a terceiros.
Exercicio de dereitos: As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar no seu caso, o consentimento, #ante o responsable do tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo recóllese en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Así mesmo, poderán retirar, no seu caso, o consentimento previamente outorgado dirixindo a súa comunicación xempreemprende@xunta.gal.
Contacto do Delegado/a de Protección de Datos e Información adicional: https://xunta.gal/informacion-xeral-proteccio