descarga

Asociación Ecos do Sur

A Asociación Ecos do Sur conta cun proxecto específico de apoio ó emprendemento: CircuLab. Circulab parte da realidade do mercado laboral da provincia da Coruña, con moitas persoas afectadas polo desemprego e infra emprego e a prolongación no tempo das situacións de vulnerabilidade. Esta iniciativa pon en marcha itinerarios personalizados de inserción laboral que impulsan proxectos de emprendemento social, abrindo unha oportunidade para que se interconecten uns con outros a través da economía circular. Os itinerarios caracterízanse polo seu carácter integral: engloban accións que favorecen a educación e formación, a inserción laboral, a acción social, a cobertura de necesidades básicas, a orientación e información, a vivenda e a sanidade. Estas accións están enmarcadas dentro dos seguintes bloques de actuación: ● Xestión do itinerario. ● Acompañamento social. ● Accións de adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais. ● Accións promotoras do acceso e permanencia no comprado laboral. ● Prospección e intermediación laboral activa. ● Outras actuacións complementarias.

Servizos prestados
Sensibilización e motivación (eventos, xornadas, concursos etc.)
Formación (cursos, obradoiros...)
Asesoramento para a creación de empresas (modelo de negocio, plan de empresa, plan estratéxico, información e tramitación de axudas,...)
Titorización personalizada
Apoio na xestión dos trámites para a posta en marcha de empresas
Programa e redes de emprendemento
Programas de emprendemento na Economía social (Rede Eusumo, Medrando Xuntas,...)
Destinatarios aos que apoia
Persoas individuais
Autónomos
Etapas do proceso de emprendemento
Emerxendo e motivando as ideas e proxectos de negocio
Explorando e avaliando as posibilidades de éxito do proxecto
Executando e desenvolvendo o proxecto
Expandindo e consolidando o negocio
Perfil da entidade

Avenida Finisterre, 109 baixo, 15004, A Coruña

881965692

Última actualización: Luns, 6 de Maio de 2024 a las 11:27
Información básica sobre protección de datos persoais
Responsable do tratamento: Xunta de Galicia – Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade – Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego
Finalidades do tratamento: Tramitación das suxestións, queixas, consultas, solicitudes de información e outras comunicacións recibidas por medio do formulario destinado ao efecto.
Lexitimación para o tratamento: Consentimento das persoas interesadas.
Destinatarios dos datos: Non se prevén comunicacións a terceiros.
Exercicio de dereitos: As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar no seu caso, o consentimento, #ante o responsable do tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo recóllese en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Así mesmo, poderán retirar, no seu caso, o consentimento previamente outorgado dirixindo a súa comunicación xempreemprende@xunta.gal.
Contacto do Delegado/a de Protección de Datos e Información adicional: https://xunta.gal/informacion-xeral-proteccio