Asociación de Microcréditos solidarios Red Impulsa
A asociación de microcréditos REDE Impulsa, asociación sen ánimo de lucro, é unha iniciativa cidadá ligada á Rede Ignaciana da Coruña cuxo obxecto é dar axudas a persoas sen posibilidade ou con dificultade de obter diñeiro no mercado financeiro por carecer de avais. Estas axudas (sen intereses) serán para financiar proxectos empresariais ou de autoemprego ou adiantar o diñeiro de bolsas, subvencións ou pensións. Estas axudas económicas deberán ser devoltas nun prazo acordado sen ningún interese. Cada solicitude de axuda económica será valorada por un comité de risco cuxo resultado será esencial para a concesión da axuda económica. O diñeiro para estas axudas económicas provirá do fondo de solidariedade da asociación que está conformado coas cotas dos asociados, as doazóns e as participacións no fondo (diñeiro que se deposita na asociación e que pode ser recuperado na súa totalidade).